FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > COMUNIDADE VALENCIANA

POR ARRENDAMENTO DA VIVENDA HABITUAL (art. 4.un.n) da Lei CA 13/1997)

 

Por arrendamento da vivenda habitual poderá deducirse:

 

-   Con carácter xeral, o 15 por 100, co límite de 459 euros.

 

-   O 20 por 100, co límite de 612 euros, se o arrendatario ten unha idade igual ou inferior a 35 anos ou se o arrendatario é discapacitado físico ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, ou psíquico, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100.

 

-   O 25 por 100, co límite de 765 euros, se o arrendatario ten unha idade igual ou menor de 35 anos e, ademais, é discapacitado físico ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, ou psíquico, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100.

 

Esta dedución tamén será de aplicación aos discapacitados cuxa incapacidade se declare xudicialmente, aínda que non alcance o dito grao.

 

 

Serán requisitos para o gozo desta dedución:

 

1)        Que se trate do arrendamento da vivenda habitual do contribuínte, ocupada efectivamente por el mesmo, sempre que a data do contrato sexa posterior ao 23 de abril de 1998 e a súa duración sexa igual ou superior a un ano.

 

2)        Que se constituíse o depósito da fianza á que se refire o artigo 36 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, a favor da Generalitat Valenciana.

 

3)        Que durante polo menos a metade do período impositivo nin o contribuínte nin ningún dos membros da unidade familiar sexan titulares de pleno dominio ou dun dereito real de uso ou aproveitamento doutra vivenda distante a menos de 100 quilómetros da vivenda arrendada.

 

4)        Que non teña dereito no mesmo período a ningunha dedución por investimento en vivenda habitual, coa excepción da correspondente a cantidades depositadas en conta vivenda.

 

5)                   Que a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro non sexa superior a 25.000, en tributación individual, ou a 40.000 euros, en tributación conxunta. Este requisito é controlado polo programa.

 

6)        O límite desta dedución ratearase polo número de días en que permaneza vixente o arrendamento dentro do período impositivo e en que se cumpran as circunstancias persoais requiridas para a aplicación das distintas porcentaxes de dedución.

 Cando dous ou máis contribuíntes declarantes do imposto teñan dereito á aplicación desta dedución por unha mesma vivenda, o límite ratearase entre eles por partes iguais.

 

COMPATIBILIDADE : esta dedución é compatible coa dedución "Por arrendamento de vivenda por realización dunha actividade".

 

 LÍMITE DA DEDUCIÓN

 

O importe íntegro da dedución só será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 23.000 euros en tributación individual, ou inferior a 37.000 euros en tributación conxunta.

 

Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 23.000 e 25.000 euros en tributación individual, ou entre 37.000 e 40.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:

 

a)   En tributación individual, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000).

 

b)   En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 37.000).

 

 

O rateo dos límites máximos de dedución só ha efectuarse cando haxa máis dunha persoa que, presentando declaración, poida aplicar a dedución por unha mesma vivenda  por cumprir todos os requisitos esixidos para isto, incluída a contía máxima da base liquidable, aínda que non a aplique de forma efectiva. Polo tanto, non se toman en consideración para  efectos do rateo as persoas que non presenten declaración nin as que teñan unha base liquidable superior á esixida.

 

Forma de cubrir

 

Na ventá reflectiranse os seguintes datos:

 

1- As cantidades satisfeitas polo titular da dedución.

2- Deberá seleccionar a clave correspondente á idade e/ou discapacidade entre as que aparecen no despregable do recadro "Clave".

3- Se durante o exercicio o contribuínte cumprise 36 anos, deberá indicarse de forma separada as cantidades satisfeitas con anterioridade e con  posterioridade á data en que se cumpran os 36 anos. Igualmente deberán indicarse de forma separada as cantidades satisfeitas con anterioridade ou posterioridade á data en que se produza o requisito de discapacidade.

4- O número de días do período impositivo nos que con respecto á clave consignada estivo vixente o arrendamento e se cumpriron as circunstancias persoais requiridas.

5- O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o número de identificación no país de residencia.