O 15 por 100 das cantidades que o contribuínte satisfixese durante o período impositivo en concepto de alugamento da súa vivenda habitual en Castela e León, cun límite de 459 euros. A dedución será do 20 por 100 das cantidades satisfeitas, co límite de 612 euros, cando a vivenda habitual estea situada en calquera municipio de Castela e León que non exceda de 10.000 habitantes, ou que non exceda de 3.000 habitantes se distan menos de 30 km da capital de provincia. Para estes efectos, para determinar o número de habitantes de cada municipio tomarase o establecido no padrón municipal de habitantes (Orde HAC/17/2013).
Requisitos
- Que o contribuínte na data de xeración do imposto teña menos de 36 anos.
- Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non sexa superior a 18.900 euros en tributación individual nin a 31.500 euros en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.
Forma de cubrir
A través da ventá de captura de datos, o contribuínte fará constar:
• O importe total satisfeito polo contribuínte titular da dedución.
• O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o número de identificación no país de residencia.
• Consignarase tamén a clave 1 se a vivenda habitual está situada en calquera municipio de Castela e León que exceda de 10.000 habitantes ou que exceda de 3.000 habitantes se distan menos de 30 km da capital de provincia. Noutros supostos indicarase a clave 2.