FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR ALUGAMENTO DE VIVENDA HABITUAL (art. 15 do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril)

 

Os contribuíntes poderán deducir o 15 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo, cun máximo de 500 euros anuais, polo alugamento da súa vivenda habitual.

 

Requisitos


a) Que non obtivesen no período impositivo rendas superiores (base impoñible xeral) a:

-   20.000 euros en tributación individual.

-   30.000 euros en tributación conxunta.

-   A aplicación da presente dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do nome e do NIF do arrendador, da identificación catastral da vivenda habitual e do canon arrendaticio anual.

 


b) Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 por 100 das rendas obtidas (base impoñible xeral).

 

Forma de cubrir

 

Na ventá indicaranse as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento.

En caso de matrimonio, cando o importe satisfeito corresponda aos cónxuxes por partes iguais, consignarase o 50 por 100 do total das cantidades satisfeitas por ambos.

 

Deberá indicar tamén o NIF do arrendador —se o arrendador non ten NIF deberá consignar o número de identificación no país de residencia— e a referencia catastral da vivenda.