Os contribuíntes discapacitados que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 poderán deducir o 3 por 100 das cantidades investidas no exercicio na adquisición ou adecuación daquela vivenda que constitúa ou vaia constituír a súa residencia habitual, a excepción da parte das ditas cantidades correspondente a xuros.
Requisitos
• A vivenda debe estar situada no Principado de Asturias e a súa adquisición ou, se é o caso, as obras e instalacións en que a adecuación consista deberán resultar estritamente necesarias para a accesibilidade e comunicación sensorial que facilite o desenvolvemento digno e adecuado das persoas con discapacidade.
• A necesidade da adquisición ou das obras deberá acreditarse mediante resolución ou certificado expedido pola consellería competente en materia de valoración de discapacidade.
• A base máxima da dedución será de 13.664 euros, tanto en tributación individual coma na conxunta.
Esta dedución é independente do tramo autonómico da dedución estatal por investimento en vivenda habitual.
Forma de cubrir
Na ventá de captura de datos indicaranse as cantidades satisfeitas polo titular da dedución, excluídos os xuros.