FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > COMUNIDADE VALENCIANA

POR ADQUISICIÓN DE VIVENDA HABITUAL POR PERSOAS CON DISCAPACIDADE (art. 4.un.l) da Lei CA 13/1997)

 

Os contribuíntes discapacitados físicos e sensoriais, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, ou psíquicos, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, poderán deducir o 5 por 100 das cantidades destinadas durante o período impositivo á adquisición da vivenda que constitúa ou vaia constituír a súa residencia habitual (incluíndo a construción ou a ampliación da vivenda habitual do contribuínte discapacitado), excepción feita dos xuros.

 

Esta dedución tamén é de aplicación para os discapacitados cuxa incapacidade se declare xudicialmente, aínda que non alcance o dito grao.

 

 

Requisitos

 

a)   A suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non poderá superar o dobre do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Para o exercicio 2014 non poderá superar 14.910,28 euros. En caso de tributación conxunta será necesario que a base impoñible da dita declaración non exceda da dita contía.

 

b)   Para os efectos da aplicación da dedución haberá que aterse ao concepto de vivenda habitual recollido na normativa estatal.

 

Esta dedución require que o importe comprobado do patrimonio do contribuínte ao finalizar o período da imposición exceda do valor que reflectise a súa comprobación ao comezo deste en, polo menos, a contía dos investimentos realizados. Para estes efectos, non se computarán os incrementos ou diminucións de valor experimentadas durante o período impositivo polos bens que ao final deste sigan formando parte do patrimonio do contribuínte. Este requisito aplícase de forma conxunta para todas as deducións para as que se esixa.

 

COMPATIBILIDADE. a aplicación desta dedución é compatible coa "Dedución por primeira adquisición da vivenda habitual por contribuíntes de idade igual ou inferior a 35 anos".

 

Non se poderá aplicar esta dedución polas cantidades polas que se aplicase a dedución "Por cantidades destinadas á adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual procedentes de axudas públicas" (recadro 953).

 

Forma de cubrir

 

Na ventá indicaranse as cantidades satisfeitas que dean dereito á dedución.

En caso de matrimonio e se ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución por partes iguais, indicarase o 50 por 100 da contía total satisfeita por ambos os cónxuxes.