FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ARAGÓN

POR ADQUISICIÓN DE VIVENDA HABITUAL POR VÍTIMAS DO TERRORISMO (art. 110.7 do Real decreto lexislativo 1/2005)

 

Os contribuíntes que teñan a condición de vítimas do terrorismo ou, no seu lugar e por esta orde, o seu cónxuxe ou parella de feito ou os fillos que viñesen convivindo con estes poderán deducir o 3 por 100 das cantidades satisfeitas durante o período impositivo pola adquisición dunha vivenda nova.

 

Requisitos

-   A vivenda debe constituír a primeira residencia habitual do contribuínte e estar situada no territorio da Comunidade Autónoma de Aragón.

-   A vivenda debe estar acollida a algunha modalidade de protección pública da vivenda.

BASE MÁXIMA DA DEDUCIÓN: a base máxima da dedución será de 9.040 euros anuais e estará constituída polas cantidades satisfeitas para a adquisición, incluídos os gastos orixinados que corresen a cargo do adquirente e, no caso de financiamento alleo, a amortización, os xuros, o custo dos instrumentos de cobertura do risco do tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios regulados no artigo 19 da Lei 36/2003, e demais gastos derivados desta.

O concepto de adquisición de vivenda habitual e o seu límite máximo serán os fixados pola normativa estatal vixente o 31 de decembro de 2012, así como o requisito da comprobación da situación patrimonial do contribuínte.

   

Forma de cubrir

Na ventá indicarase o importe satisfeito con dereito á dedución.

 

En caso de matrimonio, cando ambos os cónxuxes teñan dereito á dedución, reflectirase o 50 por 100 da totalidade das cantidades investidas con dereito á dedución.