FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ARAGÓN

POR ADQUISICIÓN DE VIVENDA EN NÚCLEOS RURAIS (art.10.4 da Lei 3/2012)

 

O contribuínte poderá aplicar unha dedución do 5 por 100 polas cantidades satisfeitas pola adquisición ou rehabilitación da vivenda que constitúa ou vaia constituír a vivenda habitual, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

 

-   Que o contribuínte teña a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma de Aragón.

-   Que na data de xeración do imposto teña menos de 36 anos.

-   Que se trate da súa primeira vivenda.

-   Que a vivenda estea situada nun municipio de menos de 3.000 habitantes.

-   Que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro menos o mínimo por contribuínte e o mínimo por descendentes non sexa superior a 35.000 euros en declaración conxunta e 21.000 euros en declaración individual.

 

 

Só resultará aplicable a dedución cando o contribuínte non fose propietario de ningunha outra vivenda, constitúa ou non a súa residencia habitual.

 

Forma de cubrir: abrirase unha ventá de captura de datos nas que deberá indicar o importe satisfeito con dereito á dedución.

 

O concepto de adquisición de vivenda habitual e o seu límite máximo serán os fixados pola normativa estatal vixente o 31 de decembro de 2012.

Esta dedución será aplicable ás adquisicións ou rehabilitacións de vivendas en núcleos rurais efectuadas a partir do 1 de xaneiro de 2012.