FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ARAGÓN

POR ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (art. 110-11 do Real decreto legislativo 1/2005, introducido polo  art. 1.8 da Lei 10/2012)

 

Os contribuíntes poderán deducir as cantidades destinadas á adquisición de libros de texto para os seus descendentes, que fosen editados para educación primaria e educación secundaria obrigatoria, así como as cantidades destinadas á adquisición de material escolar para estes niveis educativos.

 

Entenderase por material escolar o conxunto de medios e recursos que facilitan o ensino e a aprendizaxe, destinados a ser utilizados polo alumnado para o desenvolvemento e aplicación dos contidos determinados polo currículo dos ensinos de rexime xeral establecidos pola norma académica vixente, así como a equipación e complementos que a dirección e/ou o consello escolar  do centro educativo aprobase para a etapa educativa de referencia.

 

A dedución aplicarase cos seguintes límites:

 

1-   En declaracións conxuntas, os contribuíntes para os que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro se encontre comprendida nos tramos que se indican a continuación poderán deducir ata as seguintes contías:

 

a)   No suposto de contribuíntes que non teñan a condición legal de “familia numerosa”

 

 

Ata 12.000 euros

 

                

100      euros por fillo

                 

 

Entre 12.001 e 20.000,00 euros

 

                   

50      euros por fillo

 

 

Entre 20.000,01 e 25.000,00 euros

                  

 37,50 euros por fillo

 

b)   Nos supostos de contribuíntes que teñan a condición legal de “familia numerosa”, por cada descendente unha contía fixa de 150 euros.

 

2-   Nas declaracións individuais, os contribuíntes para os que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro se encontre comprendida nos tramos que se indican a continuación poderán deducir ata as seguintes cantidades:

 

a)   No suposto de contribuíntes que non teñan a condición legal de “familia numerosa”

 

 

Ata 6.500 euros

 

                 

  50 euros por fillo

 

 

Entre 6.500,01 e 10.000 euros

 

                

  37,50 euros por fillo

 

 

Entre 10.000,01 e 12.500,00

 

                  

25 euros por fillo

 

 

b)   Nos supostos de contribuíntes que teñan a condición legal de “familia numerosa”, por cada descendente unha contía fixa de 75 euros.

 

A dedución resultante da aplicación dos apartados anteriores deberá minorarse na cantidade correspondente ás bolsas e axudas percibidas, no período impositivo de que se trate, da Administración da Comunidade Autónoma de Aragón ou de calquera outra Administración pública que cubran a totalidade ou parte dos gastos por adquisición dos libros de texto e material escolar sinalados anteriormente.

 

Para a aplicación da presente deducción só se terán en conta aqueles descendentes que dean dereito á redución prevista en concepto por mínimo por descendentes.

 

Así mesmo, para a aplicación da dedución esixirase, segundo os casos:

 

a)   Con carácter xeral, que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere a contía de 25.000 euros en tributación conxunta e de 12.500 en tributación individual.

b)   Os contribuíntes que teñan a condición legal de “familia numerosa” que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere a contía de 40.000 euros en tributación conxunta e de 30.000 en tributación individual.

c)   De ser o caso, a acreditación documental da adquisición dos libros de texto e material escolar poderá realizarse mediante factura ou calquera outro medio do tráfico xurídico ou económico admitido en dereito.

A dedución corresponderalle ao ascendente que satisfixese as cantidades destinadas á  adquisición dos libros de texto ou material escolar. Non obstante, se se trata de matrimonios con réxime económico do consorcio conxugal aragonés ou análogo, as cantidades satisfeitas atribuiranse a ambos os cónxuxes por partes iguais.

 

 

FORMA DE CUBRIR: abrirase unha ventá na que deberá indicar por cada fillo (o programa habilita espazo ata para 6 fillos):

 

1. As cantidades satisfeitas na adquisición de libros de texto e material escolar polo titular da declaración. Se o cónxuxe, de ser o caso, tivese dereito a aplicar tamén a dedución, consignarase o 50 por 100 das cantidades.

 

2. Por cada un dos fillos deberá indicar, así mesmo, se o cónxuxe ten dereito a aplicar tamén a dedución.

 

3. Finalmente deberá consignar as cantidades recibidas, por cada fillo, por bolsas ou axudas na adquisición de libros de texto e material escolar.

 

Por outro lado, deberá indicar se forma parte dunha familia numerosa, marcando cunha X o recadro habilitado para o efecto.