Os mozos con residencia habitual na Comunidade Autónoma de Estremadura que adquiran unha vivenda nova situada no territorio desta comunidade autónoma, acollida a determinadas modalidades de vivenda de protección pública, que constitúa ou vaia constituír a primeira residencia habitual do contribuínte, poderán deducir o 3 por 100 das cantidades investidas, cando se cumpran as seguintes CONDICIÓNS:
• O investimento ha de ser realizado por mozos con residencia habitual na Comunidade Autónoma de Estremadura. Para estes efectos considéranse mozos con dereito a dedución aqueles cuxa idade na data de xeración do imposto sexa igual ou inferior a 35 anos.
• Debe tratarse de cantidades satisfeitas no exercicio para a vivenda que, ademais de estar situada na Comunidade Autónoma de Estremadura, constitúa ou vaia constituír a primeira residencia habitual do contribuínte, con excepción feita da parte destas correspondentes a xuros.
• Límite de rendas: a suma da base impoñible xeral e do aforro non debe ser superior a 19.000 euros. Este requisito será controlado polo programa.
• Debe tratarse de vivenda nova, considerando como tal aquela cuxa adquisición represente a primeira transmisión desta con posterioridade á declaración de obra nova, sempre que non transcorresen tres anos desde esta.
• As modalidades de protección pública citadas son unicamente as previstas no artigo 23 da Lei 3/2001, do 26 de abril, sobre normas reguladoras da calidade, promoción e acceso de vivendas en Estremadura referidas a vivendas de protección oficial promovidas de forma pública ou privada e vivendas de promoción pública.
• A base máxima desta dedución virá constituída polo importe anual establecido como límite para a dedución de vivenda habitual establecida pola normativa estatal.
Aplicarase a regra sobre comprobación da situación patrimonial cos mesmos requisitos que con carácter xeral se establecen na Lei do imposto.
Vítimas do terrorismo
As persoas que teñan a condición de vítimas do terrorismo ou, no seu lugar e por esta orde, o seu cónxuxe ou parella de feito ou os fillos que viñesen convivindo con estas, terán dereito á mesma dedución do parágrafo anterior e cos mesmos requisitos, salvo o requisito de idade. Ambas as deducións non poderán simultanearse.
Forma de cubrir
Na ventá indicaranse as cantidades satisfeitas polo titular da dedución.
Se o titular da dedución é vítima do terrorismo, debe marcar unha X no recadro establecido para o efecto.