FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ASTURIAS

POR ADOPCIÓN INTERNACIONAL DE MENORES (art. 9 do Decreto lexislativo 2/2014)

 

 

Nos supostos de adopción internacional de menores, o contribuínte poderá practicar unha dedución de 1.010 euros por cada fillo adoptado no período impositivo.

 

REQUISITOS

 

-   Que o menor conviva co declarante.

-   A adopción deberá realizarse nos termos da Lei 54/2007, do 28 de decembro, de adopción internacional.

 

A adopción entenderase realizada no exercicio impositivo en que se leve a cabo a inscrición no Rexistro Civil español. Cando a inscrición non sexa necesaria, atenderase ao período impositivo en que se produza a resolución xudicial ou administrativa correspondente.

 

Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución e estes realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

 

A presente dedución será compatible coa aplicación das restantes deducións autonómicas.

 

 

Forma de cubrir

 

Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar o número de fillos adoptados que dean dereito á dedución.

 

Reflectiranse no recadro "Común" cando, en caso de matrimonio, os fillos que xeren dereito á dedución sexan de ambos os cónxuxes. Noutro caso, reflectiranse no recadro "Do Titular".