FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > MADRID

POR ADOPCIÓN INTERNACIONAL DE NENOS (art. 5 do Decreto lexislativo CA 1/2010)

 

No suposto de adopción internacional, os contribuíntes poderán deducir 600 euros por cada fillo adoptado no período impositivo.

Esta dedución é compatible coa dedución por nacemento ou adopción anterior.

 

Cando ambos os pais adoptivos convivan co neno, a dedución ratearase entre eles por partes iguais.

 

A adopción terá carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables nesta materia.

 

Forma de cubrir

 

En caso de matrimonio, se ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados no ámbito internacional.

 

Noutro caso, o número de fillos adoptados internacionalmente indicarase na epígrafe "Declarante". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, se os fillos conviven con ambos os pais adoptivos.