FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ANDALUCÍA

POR ADOPCIÓN DE FILLOS NO ÁMBITO INTERNACIONAL (art. 11 do Decreto lexislativo 1/2009, do 1 de setembro)

 

Nos supostos de adopción internacional, os contribuíntes terán dereito a aplicar unha dedución de 600 euros por cada fillo adoptado no período impositivo no que se inscribise a adopción no Rexistro Civil.

 

Requisitos

 

1.   A suma das bases impoñibles xeral e do aforro non debe superar 80.000 euros en caso de tributación individual ou 100.000 euros en tributación conxunta.

2.   Entenderase que a adopción ten carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables a esta materia.

3.   Cando sexan dous os contribuíntes con dereito á aplicación da dedución, o seu importe distribuirase por partes iguais.

4.   Esta dedución será compatible coas deducións para os beneficiarios de axudas familiares (artigo 2 Lei 10/2002, do 21 de decembro).

 

Forma de cubrir

 

En caso de matrimonio, cando ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados no ámbito internacional.

 

Noutro caso, o número de fillos adoptados internacionalmente indicarase no recadro "Titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, indicando nel un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito a esta.