Pola adopción nacional ou internacional de fillos os contribuíntes poden deducir 600 euros por cada fillo adoptado durante o período impositivo. A dedución aplicarase no período impositivo correspondente ao momento en que se produza a inscrición da adopción no Rexistro Civil.
Se os fillos conviven con ambos os pais e estes optan pola tributación individual, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.
Nota : tratándose de contribuíntes cuxo período impositivo finalizase con
anterioridade ao día 4 de marzo de 2009, o importe da dedución será de 400 euros.
Requisitos
1. O contribuínte debe ter dereito á aplicación do mínimo por descendente.
2. O fillo adoptado debe ter convivido co contribuínte ininterrompidamente desde a súa adopción ata o final do período impositivo.
3. A adopción deberá realizarse conforme as leis e os convenios internacionais vixentes.
4. Os contribuíntes deben residir no territorio da Comunidade Autónoma das Illas Baleares.
A dedución é calculada polo programa baseándose nos datos introducidos na ventá de datos persoais e familiares.