• 253 euros por cada menor en réxime de acollemento familiar simple ou permanente, con exclusión daqueles que teñan finalidade preadoptiva.
Requisitos
O menor debe convivir co contribuínte, polo menos, 183 días durante o período impositivo.
• 126 euros por cada menor en réxime de acollemento familiar simple ou permanente, con exclusión daqueles que teñan finalidade preadoptiva.
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución e estes realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.
Requisitos
Cando a convivencia do menor sexa superior a 90 días e inferior a 183 días.
Forma de cubrir
Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar, no recadro que corresponda ao período de convivencia do menor, o número de menores acollidos con dereito á dedución.
Indicaranse na columna "Común" cando, en caso de matrimonio, a dedución corresponda a ambos os cónxuxes. En caso contrario, indicarase na columna "Do titular".