FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA-A MANCHA

POR ACOLLEMENTO FAMILIAR NON REMUNERADO DE MENORES (art. 7 da Lei 8/2013, do 21 de novembro)

 

Os contribuíntes poderán deducir, por cada menor en réxime de acollemento familiar non remunerado simple, permanente ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, sempre que convivan co menor durante máis de 183 días do período impositivo as seguintes cantidades:

 

a)   500 euros se se trata do primeiro menor en réxime de acollemento familiar non remunerado.

b)   600 euros se se trata do segundo menor ou sucesivo en réxime de acollemento familiar non remunerado.

 

Para efectos de determinación do número de orde do menor acollido, soamente se computarán aqueles menores que permanecesen no dito réxime durante máis de 183 días do período impositivo. En ningún caso se computarán os menores que fosen adoptados durante o dito período impositivo polo contribuínte.

 

Non dará dereito á dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produza a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación da dedución "por nacemento ou adopción de fillos".

 

No suposto de acollemento de menores por matrimonios ou unións de feito, o importe da dedución ratearase por partes iguais en caso de declaración individual.

 

Requisitos:

 

a)   Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro do contribuínte non sexa superior a 12.500 euros en tributación individual ou a 25.000 euros en tributación conxunta.

b)   Que a conserxería competente na materia acredite a formalización do acollemento, así como que o contribuínte non recibiu axudas da Administración da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha vinculadas co acollemento.

 

 

Forma de cubrir: abrirase unha ventá na que deberá indicar a seguinte información:

 

1. O número de menores que puidesen dar dereito á dedución. Indicarase se o acollemento é común ou só do titular da declaración.

 

2. Indicarase se o acollemento o realizaron matrimonios ou unións de feito.