FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANTABRIA

POR ACOLLEMENTO FAMILIAR DE MENORES (art. 2.5 do Decreto lexislativo CA 62/2008)

 

Os contribuíntes que reciban a menores en réxime de acollemento familiar simple ou permanente, administrativo ou xudicial, sempre que fosen previamente seleccionados para o efecto por unha entidade pública de protección de menores e que non teñan relación de parentesco ningunha, nin adopten durante o período impositivo o menor acollido, poderán deducir:

 

-   Con carácter xeral, 240 euros, ou

-   O resultado de multiplicar 240 euros polo número máximo de menores que acollese de forma simultánea no período impositivo.

 

Límite

A contía da dedución non poderá superar 1.200 euros.

 

No suposto de acollemento de menores por matrimonios, parellas de feito ou parellas que convivan de forma permanente en análoga relación de afectividade ás anteriores sen ter rexistrado a súa unión, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles se optasen por tributación individual.

 

Forma de cubrir

 

En caso de matrimonio, se ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución, marcarase a epígrafe "Comúns". Noutro caso, marcarase a epígrafe "Do titular".

 

No suposto de acollemento de forma simultánea de varios menores, deberá cubrir a segunda fila de recadros da ventá de captura de datos e indicar o número de menores acollidos.

 

Se o acollemento foi realizado por matrimonios, parellas de feito ou parellas que convivan de forma permanente en análoga relación de afectividade, consignarase SI ou NON no recadro correspondente.