Por cada fillo nacido ou adoptado a partir do segundo, no período impositivo, que conviva co contribuínte na data de xeración do imposto poderá deducirse:
- 150 euros, cando se trate do segundo
- 180 euros, cando se trate do terceiro ou sucesivos.
En caso de nacementos múltiples e adopcións múltiples, a dedución correspondente a cada fillo incrementarase en 60 euros.
Cando convivan con ambos os proxenitores ou adoptantes, o importe da dedución, no caso de que non se opte por presentar unha declaración conxunta, practicarase por partes iguais na declaración de cada un, nas condicións citadas.
Poderase aplicar a dedución por ambos os proxenitores aínda que o fillo nacido ou adoptado teña a condición de segundo ou ulterior só para un deles.
Forma de cubrir
Reflectirase o número de fillos nacidos ou adoptados en 2013 no recadro correspondente ao número de orde que teña o fillo nacido ou adoptado. En caso de matrimonio e se os fillos comúns aos cónxuxes conviven con ambos, o dato reflectirase na epígrafe "Común".
Noutro caso, o dato farase constar na epígrafe "Do Titular". Neste caso deberá indicar tamén se os fillos conviven con ambos os pais ou adoptantes.
Datos adicionais: cando se trate de parto múltiple ou adopcións múltiples, deberá indicar no recadro que corresponda segundo o indicado anteriormente o número de fillos nacidos no parto múltiple ou adopcións múltiples.