Para contribuíntes menores de 36 anos ou mulleres, calquera que sexa a súa idade, que no exercicio 2012 se deron de alta no Censo de Empresarios, Profesionais ou Retedores e teñen cantidades pendentes de deducir procedentes daquel exercicio.
Requisitos
A dedución foi de aplicación por unha soa vez no período impositivo 2012, pola cantidade de 500 euros, no que se produciu a alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores por vez primeira.
Se no dito período a cota íntegra autonómica non foi suficiente para aplicar sobre ela o importe total da dedución, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe restante. Neste caso será requisito necesario que o contribuínte manteña a situación de alta no censo e que a dedución pendente se aplique de forma preferente no primeiro período no que exista cota íntegra autonómica suficiente.
No suposto de tributación conxunta poderán aplicar esta dedución cada un dos contribuíntes integrados na unidade familiar que cumpran todos os requisitos.
Forma de cubrir: abrirase unha ventá na que debe indicar o importe pendente de aplicación procedente do exercicio 2012, o programa calculará o máximo que poida aplicar no presente exercicio.
No recadro 328 da declaración do exercicio 2012 aparecen as cantidades pendentes de deducir.