Polo coidado de persoas dependentes: 150 euros.
Requisitos
- A persoa dependente debe convivir co contribuínte, polo menos durante a metade do período impositivo.
- Considerarase persoa dependente o ascendente maior de 75 anos e o ascendente ou descendente cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, calquera que sexa a súa idade.
- Non procederá a dedución se a persoa dependente ten rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros.
- A suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, non poderá exceder de 35.000 euros en declaración conxunta e de 21.000 euros en declaración individual. Este requisito é controlado polo programa, salvo que, tratándose de unidades familiares, optasen pola captura individual de datos.
- Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o seu importe ratearase por partes iguais. Cando a dedución corresponda a contribuíntes con distinto grao de parentesco, a súa aplicación corresponderá aos de grao máis próximo, salvo que estes non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.
Forma de cubrir
En caso de matrimonio, se ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Comúns" o número de persoas dependentes con dereito á dedución. Noutro caso, reflectirase no recadro “Do titular”. Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a esas persoas, reflectindo nel un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dúas persoas con dereito a esta.