FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA E LEÓN

POLA ADQUISICIÓN DE VIVENDAS POR MOZOS EN NÚCLEOS RURAIS (art. 7 do Decreto lexislativo CA 1/2013)

 

O 5 por 100 das cantidades satisfeitas no período de que se trate pola adquisición ou rehabilitación da vivenda que vaia constituír a residencia habitual do contribuínte no territorio da Comunidade de Castela e León. A dedución tamén será aplicable aos supostos de construción da vivenda habitual, cando o contribuínte satisfaga directamente os gastos derivados da execución das obras ou entregue cantidades á conta ao promotor, sempre que finalicen nun prazo non superior a catro anos desde o inicio do investimento.

 

Requisitos

 

-   Que o contribuínte teña a súa residencia habitual na Comunidade de Castela e León e que na data de xeración do imposto teña menos de 36 anos.

-   Que se trate da súa primeira vivenda. Considérase que o contribuínte adquire a súa primeira vivenda cando non dispuxese de ningún dereito de plena propiedade igual ou superior ao cincuenta por cento sobre outra vivenda.

-   Que a vivenda estea situada nun municipio da Comunidade de Castela e León, quedando excluídos os que excedan de 10.000 habitantes ou os que teñan máis de 3.000 habitantes e que disten menos de 30 quilómetros da capital da provincia. Este requisito deberá cumprirse no momento da adquisición ou rehabilitación da vivenda, momento en que debe considerarse a condición rural dos municipios.

No caso de adquisición dunha vivenda en construción con entregas ao promotor, o dereito á dedución determinarase segundo o número de habitantes do municipio no momento en que se realiza o primeiro pagamento á conta. Para estes efectos, mediante orde da Consellería de Facenda dáse publicidade aos municipios que cumpren estes requisitos. Desta maneira, para adquisicións realizadas nos anos 2005 e 2006, a relación de municipios encóntrase recollida na Orde de HAC/42/2005 (BOCYL 28-01-2005), para adquisicións realizadas nos anos 2007 e 2008, na Orde de HAC/68/2007 (BOCYL 26-01-2007) e para as adquisicións realizadas en 2009 na Orde de HAC/2252//2008 (BOCYL 9-01-2009) e para as adquisicións realizadas en 2010 e 2011 na Orde de HAC/16/2010, do 13 de xaneiro (BOCYL 22/01/2010), para as adquisicións realizadas no exercicio 2012 na Orde HAC/1669/2011, do 27 de decembro (BOCYL 17-02-2012), e  para as realizadas en 2013 e 2014 a relación de municipios encóntrase na páxina web www.tributos.jcyl.es, tal e como establece a Orde HAC//17/2013, do 21 de xaneiro (BOCYL 25-01-2013).

A Consellería de Facenda da comunidade autónoma procederá a lle dar publicidade á relación de municipios aos que sexa de aplicación.

-   Que se trate dunha vivenda de nova construción ou dunha rehabilitación cualificada como actuación protexible de conformidade co Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño, e Decreto 52/2002, do 27 de marzo, de desenvolvemento e aplicación do Plan director de vivenda e solo de Castela e León 2002-2009, ou con aquelas normas de ámbito estatal ou autonómico que as substitúan. Considérase vivenda de nova construción aquela cuxa adquisición represente a primeira transmisión desta con posterioridade á declaración de obra nova, sempre que non transcorresen tres anos desde esta. Así mesmo, considérase vivenda de nova construción cando o contribuínte satisfaga directamente os gastos derivados da execución das obras.

-   Que a adquisición ou rehabilitación da vivenda se produza a partir do 1 de xaneiro de 2005.

-   Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non exceda de 18.900 euros se a tributación é individual ou 31.500 euros se se trata de tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.

-   A aplicación da dedución requirirá que o importe comprobado do patrimonio do contribuínte ao finalizar o período da imposición exceda do valor que resultase da súa comprobación ao comezo deste polo menos na contía dos investimentos realizados, de acordo cos requisitos establecidos con carácter xeral na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

 

Base máxima da dedución

 

A base máxima desta dedución será de 9.040 euros anuais e estará constituída polas cantidades satisfeitas para a adquisición ou rehabilitación da vivenda, incluídos os gastos orixinados que corresen a cargo do adquirente e, no caso de financiamento alleo, a amortización, os xuros, o custo dos instrumentos de cobertura do risco do tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios regulados no artigo décimo noveno da Lei 36/2003, do 11 de novembro, de medidas de reforma económica, e demais gastos derivados desta. En caso de aplicación dos citados instrumentos de cobertura, os xuros satisfeitos polo contribuínte minoraranse nas cantidades obtidas por aplicación do citado instrumento.

 

 

Perda do dereito á dedución

 

Cando en períodos impositivos posteriores ao da súa aplicación se perda o dereito, en todo ou en parte, ás deducións practicadas, o contribuínte estará obrigado a sumar á cota líquida autonómica xerada no exercicio en que se incumprisen os requisitos as cantidades indebidamente deducidas, máis os xuros de mora a que se refire o artigo 26.6 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

 

 

Forma de cubrir

 

Na ventá reflectiranse as cantidades satisfeitas con dereito á dedución.

 

En caso de matrimonio, cando o importe satisfeito corresponda aos cónxuxes por partes iguais, reflectirase o 50 por 100 da totalidade das cantidades satisfeitas por ambos.

 

Relación de municipios excluídos da aplicación da dedución no ano 2013 e 2014 (para adquisicións ou  rehabilitacións realizadas o exercicio 2013 e 2014