PLANS DE PENSIÓNS (art. 51.1 da lei)
Indicaranse as achegas directas realizadas polos partícipes a plans de pensións no exercicio 2012, regulados polo Real decreto lexislativo 1/2002, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de regulación dos plans e fondos de pensións, e as achegas realizadas polos partícipes aos plans de pensións regulados na Directiva 2003/41/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 3 de xuño de 2003, relativa ás actividades e a supervisión de fondos de pensións de emprego, sen incluír as contribucións do promotor ou empresas promotoras que fosen imputadas como rendementos do traballo.
As achegas correspondentes a contribucións imputadas polo promotor aparecerán reflectidas na ventá de captura de datos, que o programa trasladará desde a ventá de rendementos de traballo cuberta na páxina 3, cando se seleccionase a clave 1, réxime xeral.