PERSOAL DE VOO DAS COMPAÑÍAS AÉREAS (art. 9.a.3.a) 2 do regulamento)
Cando non se pasase a noite en municipio distinto do lugar de traballo habitual e do que constitúa a residencia do perceptor, consideraranse como asignacións para gastos normais de manutención:
a) Desprazamento dentro do territorio español: 36,06 euros diarios como máximo.
b) Desprazamento a territorio estranxeiro: 66,11 euros diarios como máximo.
Se nun mesmo día se producisen ambas as circunstancias, a contía aplicable será a que corresponda segundo o maior número de voos realizados.