CUESTIÓNS XERAIS > IDEAS PREVIAS

PERÍODO IMPOSITIVO E XERACIÓN DO IMPOSTO (arts. 12 e 13 da lei)

 

Como regra xeral, o período impositivo coincide co ano natural e o imposto xérase o 31 de decembro de cada ano.

 

O período impositivo será inferior ao ano natural exclusivamente no caso de que se produza o falecemento do contribuínte nun día distinto ao 31 de decembro.

 

En tal suposto o período impositivo remata e xérase o imposto na data de falecemento.

 

Do cumprimento das obrigas tributarias pendentes do falecido son responsables os herdeiros ou legatarios.

 

 

Falecemento dun contribuínte integrado nunha unidade familiar

 

Se se produce o falecemento dalgún membro da unidade familiar durante o ano, existen unicamente as seguintes posibilidades de tributación:

 

1)   Tributación individual de todos os membros da unidade familiar.

 

2)   Tributación conxunta da unidade familiar (determinada segundo a situación o 31 de decembro) sen incluír o falecido, e tributación individual do falecido.

 

 

TRIBUTACIÓN EN PERÍODOS INFERIORES AO ANO

 

Con carácter xeral, cando o período impositivo é inferior ao ano (tributación individual do contribuínte falecido), son de aplicación as mesmas regras de tributación, incluíndo os importes e límites cuantitativos, establecidos para os períodos impositivos que coinciden co ano natural.