A base impoñible poderá reducirse no importe das pensións compensatorias a favor do cónxuxe e das anualidades por alimentos, con excepción das fixadas a favor dos fillos do contribuínte, satisfeitas ambas por decisión xudicial.
Forma de cubrir
Débese consignar obrigatoriamente o NIF da persoa que recibe a pensión compensatoria ou a anualidade por alimentos e tamén as cantidades pagadas no exercicio. Se a persoa que recibe a pensión compensatoria ou a anualidade por alimentos non reside en España e non ten NIF español, deberá indicar o número de identificación que teña no país de residencia.