PAÍSES E TERRITORIOS CUALIFICADOS COMO PARAÍSOS FISCAIS

Os países e territorios cualificados como paraísos fiscais polo Real decreto 1080/1991, do 5 de xullo de 1991 (BOE do 13 de xullo), son os que a continuación se sinalan:

 

1. Principado de Andorra (a partir do 10-02-2011, o Principado de Andorra deixa de ser considerado paraíso fiscal).

2. Antillas Neerlandesas (a partir do 27-01-2010, as Antillas Neerlandesas deixan de ser consideradas paraíso fiscal).

3. Aruba (a partir do 27-01-2010, Aruba deixa de ser considerado paraíso fiscal).       

4. Emirato do Estado de Bahrain.

5. Sultanato de Brunei.

6. República de Chipre (a partir do 28 de maio de 2014, deixa de ser considerado paraíso fiscal, ao entrar en vigor o convenio para evitar a dobre imposición).

7. Emiratos Árabes Unidos ata o 01-04-2007.

8. Xibraltar.

9. Hong-Kong (a partir do 13-04-2012, Hong-Kong deixa de ser considerado paraíso fiscal)

10. Anguila.

11. Antigua e Barbuda.

12. As Bahamas (a partir do 17-08-2011, As Bahamas deixan de ser consideradas paraíso fiscal).

13. Barbados (a partir do 14-10-2011, Barbados deixa de ser considerado paraíso fiscal).

14. Bermudas.

15. Illas Caimán.

16. Illas Cook.

17. República Dominicana.

18. Granada.

19. Fixi.

20. Illas de Guernsey e de Jersey (Illas do Canal).

21. Xamaica (ata o 15 de maio de 2009).

22. República de Malta (ata o 11 de setembro de 2009).

23. Illas Malvinas.

24. Illa de Man.

25. Illas Marianas.

26. Mauricio.

27. Montserrat.

28. República de Nauru.

29. Illas de Salomón.

30. San Vicente e as Granadinas.

31. Santa Lucía.

32. República de Trinidad e Tobago (ata o 27 de decembro de 2009).

33. Illas Turcas e Caicos.

34. República de Vanuatu.

35. Illas Virxes Británicas.

36. Illas Virxes de Estados Unidos de América.

37. Reino Hachemita de Xordania.

38. República Libanesa.

39. República de Liberia.

40. Principado de Liechtenstein.

41. Gran Ducado de Luxemburgo, polo que respecta ás rendas percibidas polas sociedades a que se refire o parágrafo 1 do Protocolo anexo ao Convenio, para evitar a dobre imposición, do 3 de xuño de 1986.

42. Macau.

43. Principado de Mónaco.

44. Sultanato de Omán.

45. República de Panamá.

46. República de San Marino (a partir do 02-08-2011, San Marino deixa de ser considerado paraíso fiscal).

47. República de Seychelles.

48. República de Singapur. Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2013, deixa de ser considerado paraíso fiscal.