FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ANDALUCÍA

PARA TRABALLADORES POR GASTOS DE DEFENSA XURÍDICA DA RELACIÓN LABORAL (art. 15.ter. do Decreto lexislativo 1/2009)

 

Para contribuíntes que contraian gastos de defensa xurídica en procedementos xudiciais de despedimento, extinción de contrato ou reclamación de cantidades.

Importe da dedución: as cantidades pagadas polos ditos gastos, co límite de 200 euros.

 

Forma de cubrir

 

 Deberá indicar na ventá de captura de datos a seguinte información:

 

As cantidades satisfeitas no período impositivo polos gastos de defensa xurídica da relación laboral.