FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ANDALUCÍA

PARA PAI OU NAI DE FAMILIA MONOPARENTAL E, SE É O CASO, CON ASCENDENTES MAIORES DE 75 ANOS (art. 13 do Decreto lexislativo 1/2009, do 1 de setembro)

 

Os contribuíntes que sexan nais ou pais de familia monoparental na data de xeración do imposto terán dereito a aplicar na cota íntegra autonómica unha dedución de 100 euros.

 

A dedución incrementarase adicionalmente en 100 euros por cada ascendente maior de 75 anos que xere o dereito á aplicación do mínimo por ascendentes.

 

Cando varios contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución prevista no parágrafo anterior, haberá que aterse ás regras de rateo, convivencia e demais límites previstos na normativa estatal do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

Límite de base impoñible

A suma das bases impoñibles xeral e do aforro non debe superar 80.000 euros en tributación individual ou 100.000 euros en caso de tributación conxunta.

 

 

Concepto de familia monoparental

Terá a consideración de familia monoparental a formada pola nai ou o pai e todos os fillos que convivan con un ou outro e que reúnan algún dos seguintes requisitos:

 

a)    Fillos menores de idade, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes.

 

b)    Fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

 

Forma de cubrir

 

Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar se ten dereito á dedución.

A ventá reflectirá o número de ascendentes maiores de 75 anos con dereito ao mínimo por ascendentes.