Os contribuíntes que queden viúvos durante o exercicio poden aplicar unha dedución de 150 euros. Esta dedución será aplicable na declaración correspondente ao exercicio no que os contribuíntes queden viúvos e nos dous exercicios inmediatamente posteriores de tal modo que para os contribuíntes que queden viúvos no exercicio 2014, poderán aplicar a deducción nos exercicios 2015 e 2016.
Se o contribuínte que quede viúvo ten ao seu cargo un ou máis descendentes con dereito ao mínimo por descendentes, poderá aplicar unha dedución de 300 euros na declaración do exercicio no que o contribuínte quede viúvo, e na dos dous exercicios inmediatamente posteriores, sempre e cando os descendentes manteñan os requisitos para computar para os efectos de aplicar o dito mínimo.
Forma de cubrir
A través dunha ventá de captura de datos, deberá marcar cunha X se ten dereito á dedución, tanto se o estado de viuvez se produciu en 2014 coma nos dous exercicios anteriores, 2012 e 2013.