Os contribuíntes que teñan dereito a percibir subvencións ou axudas económicas en aplicación da normativa autonómica de Andalucía para a adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual que teña a consideración de protexida poderán aplicar na cota íntegra autonómica unha dedución de 30 euros, no período impositivo no que se lle recoñeza o dereito.
No suposto de declaración conxunta, se houbese varios beneficiarios de axudas a vivendas protexidas, a dedución que cumprirá aplicar será igualmente de 30 euros, sen que proceda a súa multiplicación en función do número de membros da unidade familiar beneficiarios da axuda.
REQUISITOS
1. Os ingresos anuais da unidade familiar na que se integre o contribuínte non deben exceder de 5,5 veces o IPREM (35.145,72 euros), de acordo co establecido no artigo 3 do Plan concertado de vivenda e solo 2008-2012 (Decreto 395/2008).
2. Considéranse ingresos anuais da unidade familiar os compostos pola base impoñible xeral e a base impoñible do aforro.
Nota: (35.145,72 = 6.390,13 x 5,5) sendo 6.390,13 o IPREM anual correspondente a 12 pagas.
Forma de cubrir
Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar, marcando cunha X, se percibiu subvencións ou axudas económicas en aplicación da normativa autonómica de Andalucía para a adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual que teña a consideración de protexida.
No caso de que optase por realizar un tipo de captura de datos individual, habilitarase un recadro que deberá marcar cunha X se as bases impoñibles xeral e do aforro de todos os membros da unidade familiar na que se integre a persoa contribuínte non exceden de 35.145,72 euros.