FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ANDALUCÍA

PARA OS BENEFICIARIOS DAS AXUDAS FAMILIARES (art. 10 do Decreto lexislativo 1/2009, do 1 de setembro)

 

Os contribuíntes que teñan dereito a percibir axudas económicas en aplicación da normativa da Comunidade Autónoma de Andalucía de apoio ás familias andaluzas terán dereito a aplicar na cota íntegra autonómica as seguintes deducións:

 

a) Se se tivese dereito a percibir axudas económicas por fillo menor de 3 anos no momento dun novo nacemento: 50 euros por cada fillo menor de 3 anos que integre a unidade familiar da persoa contribuínte.

 

b) Se se ten dereito a percibir axudas económicas por parto múltiple: 50 euros por fillo nacido que integre a unidade familiar da persoa contribuínte.

 

Cando a dedución corresponda a dous contribuíntes o seu importe distribuirase entre eles por partes iguais.

 

 Límite de base impoñible

 

Poderán aplicar estas deducións aquelas persoas contribuíntes respecto das cales os ingresos anuais da unidade familiar na que se integran non excedan de  11 veces o salario mínimo interprofesional de 85.179,6  euros anuais.  

 

Considéranse ingresos anuais da unidade familiar os compostos pola base impoñible xeral e a base impoñible do aforro.

 

Forma de cubrir

 

A través dunha ventá de captura de datos deberá indicar:

 

•    Beneficiarios da axuda por fillos menores de tres anos no momento dun novo nacemento:

 

En caso de matrimonio, cando ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos que dan dereito á percepción das axudas.

 

Noutro caso, o número de fillos menores de tres anos que dan dereito á percepción das axudas reflectirase no recadro "Titular". Neste suposto, deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, indicando nel un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito a esta.

 

•    Beneficiarios da axuda por parto múltiple:

 

En caso de matrimonio, cando ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos que dan dereito á percepción das axudas.

 

Noutro caso, o número de fillos polos que se teña dereito á percepción da axuda por parto múltiple indicarase no recadro "Titular". Neste suposto, deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, indicando nel un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito a esta.

 

No caso de que optase por realizar un tipo de captura de datos individual, habilitarase un recadro que deberá marcar cunha X se as bases impoñibles xeral e do aforro de todos os membros da unidade familiar na que se integre a persoa contribuínte non exceden de 85.179,6 euros.