PARA O FOMENTO DO AUTOEMPREGO DA MOCIDADE E DAS MULLERES (IMPORTES XERADOS EN 2011, 2012 E 2013 PENDENTES DE APLICACIÓN), E DE AUTÓNOMOS CON ABANDONO DA ACTIVIDADE POR CAUSA DA CRISE ECONÓMICA. IMPORTES XERADOS EN 2012 PENDENTES DE APLICACIÓN
Só para os contribuíntes que nos exercicios 2011, 2012 e 2013 tiveron dereito á dedución para o fomento do autoemprego da mocidade e das mulleres ou para os contribuíntes que no exercicio 2012 tiveron dereito á dedución para o fomento do autoemprego con abandono da actividade por causa da crise económica. Ambas as deducións se aplicaron por unha soa vez no exercicio en que se produciu a alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores nese exercicio.
A dedución que se aplica por unha soa vez no exercicio en que se produza a alta será de aplicación nos tres exercicios posteriores se non puido deducirse a totalidade da dedución por carecer de cota íntegra autonómica, sempre e cando sigan dados de alta.
Se ten saldo pendente para o exercicio 2014, deberá indicalo no recadro 860 do modelo. Véxanse as cantidades pendentes nos recadros 833 e 934 da declaración do exercicio 2013.
As cantidades que puideron deducirse nos anteriores exercicios foron as seguintes:
- 1.020 euros, sempre que a actividade se desenvolva no territorio da Comunidade Autónoma de Castela e León.
- 2.040, cando os contribuíntes teñan o seu domicilio fiscal nun municipio da Comunidade de Castela e León que non exceda de 10.000 habitantes, ou que non exceda de 3.000 habitantes se distan menos de 30 km da capital de provincia. Para este efectos, para determinar o número de habitantes de cada municipio, tomarase o establecido no padrón municipal de habitantes vixente.
Forma de cubrir: abrirase unha ventá na que deberá consignar as cantidades pendentes de aplicación.