Os contribuíntes menores de trinta e cinco anos que causen alta por primeira vez no Censo de empresarios, profesionais e retedores poderán aplicar unha dedución de 1.000 euros.
REQUISITOS
− A actividade económica debe desenvolverse principalmente no territorio da Comunidade de Madrid.
− O contribuínte debe manterse no citado censo durante, polo menos, un ano desde a alta.
IMPORTANTE
A dedución aplicaráselles exclusivamente a aqueles contribuíntes que causen alta como persoa física ou como partícipe nunha entidade en réxime de atribución de rendas por primeira vez no Censo de empresarios, profesionais e retedores.
FORMA DE CUBRIR: abrirase unha ventá na que deberá indicar se ten dereito a dedución, marcando cunha X.