FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ARAGÓN

PARA MAIORES DE 70 ANOS (art. 110-14 do Real decreto lexislativo 1/2005, introducido polo art. 1-11 da Lei 2/2014)

 

Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2014, os contribuíntes poderán deducir a cantidade de 75 euros sempre que cumpran os seguintes requisitos:

 

a)   Que o contribuínte teña 70 ou máis anos de idade e obteña rendementos íntegros integrables na base impoñible xeral, sempre que non procedan exclusivamente do capital.

b)   Que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro non sexa superior a 35.000 euros en declaración conxunta, e 23.000 euros en declaración individual.

 

Forma de cubrir: non ten que indicar nada na dedución, xa que o programa extrae o dato dos datos persoais e familiares incluídos na declaración.