Os contribuíntes que teñan dous ou máis descendentes que xeren ao seu favor o dereito ao mínimo por descendentes poderán aplicar unha dedución do 10 por 100 do importe resultante de minorar a cota íntegra autonómica no resto de deducións autonómicas aplicables na Comunidade de Madrid e a parte de deducións estatais que se apliquen sobre a dita cota íntegra autonómica.
REQUISITOS
A suma das bases impoñibles xeral e do aforro non pode ser superior a 24.000 euros.
Para calcular a suma de bases impoñibles adicionaranse as seguintes:
a) As dos contribuíntes que teñan dereito, polos mesmos descendentes, á aplicación do mínimo correspondente tanto se declaran individual coma conxuntamente.
b) As dos propios descendentes que dan dereito ao citado mínimo.
FORMA DE CUBRIR: abrirase unha ventá na que deberá indicar se ten dereito á dedución, marcando cunha X.