Os contribuíntes viúvos terán dereito a aplicar unha dedución de 100 euros, sempre que a suma das bases impoñibles xeral e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual e a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.
O importe da dedución elévase a 200 euros se o contribuínte viúvo ten ao seu cargo un ou máis descendentes con dereito á aplicación do mínimo por descendentes, e sempre que estes non perciban ningún tipo de rendas.
Non terán dereito á aplicación desta dedución os contribuíntes que fosen condenados, mediante unha sentenza firme, por delitos de violencia de xénero contra o cónxuxe falecido.
Importante: esta dedución será incompatible para o contribuínte en estado de viuvez coa aplicación da dedución por traballo dependente. Se tivese dereito a ambas as deducións, o contribuínte poderá optar pola de maior contía.
Esta incompatibilidade refírese a unha mesma persoa, e pode simultanearse, en tributación conxunta, esta dedución de viuvez do declarante coa dedución por rendementos de traballo dalgún dos fillos pertencentes á unidade familiar.
Forma de cubrir: deberá marcar cunha X se ten dereito á dedución e, no caso de que teña ao seu cargo descendentes polos que se aplicou o correspondente mínimo por descendentes e que non percibisen rendas, deberá marcar cunha X o seguinte recadro.