Os contribuíntes que teñan a consideración legal de persoas con discapacidade por ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, de acordo co baremo a que se refire o artigo 148 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, terán dereito a aplicar unha dedución de 100 euros, sempre que a suma das bases impoñibles xeral e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.
A dedución é xerada polo programa automaticamente baseándose nos datos reflectidos na ventá de datos persoais e familiares e na contía da suma das bases impoñibles.