Os contribuíntes afectados por discapacidade que teñan 65 ou máis anos poderán aplicar a seguinte dedución:
• 300 euros cando se encontren afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
• 656 euros cando o grao de discapacidade sexa igual ou superior ao 65 %.
Os contribuíntes menores de 65 anos e afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % poderán aplicar unha dedución de 300 euros.
O grao de discapacidade acreditarase mediante certificación do órgano competente na materia e considerarase acreditado cando se trate de discapacitados cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente.
Requisitos
- A base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non debe exceder de 18.900 euros en tributación individual ou 31.500 euros en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.
- O contribuínte non debe ser usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade de Castela e León.
Forma de cubrir
Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá marcar unha X se cumpre os requisitos para poder aplicar a dedución.