OUTROS CONCEPTOS FISCALMENTE DEDUCIBLES (EXCEPTO PROVISIÓNS)

 

Dentro deste concepto deberán consignarse todos os demais gastos que, tendo o carácter de deducibles, non figuren expresamente recollidos nas anteriores rúbricas.

 

A título de exemplo poden citarse, entre outros, os seguintes, sempre que exista unha adecuada correlación cos ingresos da actividade:

 

-   Adquisición de libros, subscrición de revistas profesionais e adquisición de instrumentos non amortizables.

 

-   Gastos de asistencia a cursos, conferencias, congresos etc.

 

-   Cotas satisfeitas polo empresario ou profesional a corporacións, cámaras e asociacións empresariais legalmente constituídas.