Con carácter xeral, incluiranse nesta epígrafe as ganancias (recadro 266) e as perdas (recadro 267) que non deriven da transmisión de elementos patrimoniais.
As ganancias derivadas da obtención en 2014 de subvencións ou axudas destinadas á adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual ou á reparación de defectos estruturais nesta deberán incluírse no recadro 263.
Incluiranse no recadro 266 os xuros de mora satisfeitos pola Administración, as subvencións e axudas para rehabilitación de vivendas distintas da vivenda habitual. Incluirase, por exemplo, no recadro 267, a devolución dunha subvención recibida para a adquisición dunha vivenda de protección oficial, como consecuencia de incumprir o requisito de non vender a vivenda nun determinado prazo.
As cantidades percibidas en concepto de renda básica de emancipación incluiranse no recadro 265.
Así mesmo, incluiranse no recadro 264 as ganancias obtidas polos veciños como consecuencia de aproveitamentos forestais en montes públicos.