FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > RÉXIMES ESPECIAIS > IMPUTACIÓNS DE RENDAS POR CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE > RÉXIME DE IMPUTACIÓN POR CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
OUTRAS CUESTIÓNS

 

Ademais, deben terse en conta, entre outras, as seguintes cuestións:

 

INTEGRACIÓN NA BASE IMPOÑIBLE

 

A imputación efectuarase na base impoñible xeral, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei do imposto.

 

 

DISTRIBUCIÓN DE DIVIDENDOS

 

Non se integrarán na base impoñible dos socios da primeira cesionaria os dividendos ou participacións en beneficios distribuídos por esta na parte que corresponda á contía que fose imputada á persoa física titular da imaxe.

 

En caso de distribución de reservas atenderase á designación contida no acordo social, entendéndose aplicadas as últimas cantidades aboadas ás ditas reservas.

 

Os ditos dividendos ou participacións non darán dereito a dedución por dobre imposición internacional.

 

 

CONVENIOS INTERNACIONAIS E RÉXIMES FORAIS

 

O réxime de imputación de rendas pola cesión dos dereitos de imaxe entenderase sen prexuízo do disposto nos tratados e convenios internacionais que pasasen a formar parte do ordenamento interno e dos réximes tributarios forais de concerto e convenio económico en vigor, respectivamente, nos territorios históricos do País Vasco e na Comunidade Foral de Navarra.