FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS > REGRAS ESPECIAIS DE CÁLCULO

OPERACIÓNS NO MERCADO DE FUTUROS E OPCIÓNS (art. 37.1.m) da lei)

 

Nas operacións realizadas nos mercados de futuros e opcións regulados polo Real decreto 1814/1991, do 20 de decembro, considerarase ganancia ou perda patrimonial o rendemento obtido cando a operación non supoña a cobertura dunha operación principal concertada no desenvolvemento das actividades económicas realizadas polo contribuínte, en cuxo caso tributarán como rendementos das ditas actividades.