FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS > CUESTIÓNS XERAIS

OBRIGAS CONTABLES E REXISTRAIS (art. 68 do regulamento)

 

As obrigas contables ou rexistrais dos contribuíntes que desenvolven actividades económicas dependen do réxime ou modalidade de determinación do rendemento neto:

 

-   Estimación directa: modalidade normal

 

-   Estimación directa: modalidade simplificada

 

-   Estimación obxectiva

 

 

OPCIÓN POLA CONTABILIDADE AXUSTADA AO CÓDIGO DE COMERCIO

 

Os contribuíntes que leven a contabilidade de acordo co previsto no Código de comercio non estarán obrigados a levar os libros de rexistro establecidos fiscalmente.

 

 

CONSERVACIÓN DAS FACTURAS E XUSTIFICANTES

 

Os contribuíntes do imposto sobre a renda das persoas físicas estarán obrigados a conservar, durante o prazo máximo de prescrición, os xustificantes e documentos acreditativos das operacións, rendas, gastos, ingresos, reducións e deducións de calquera tipo que deban constar nas súas declaracións; a achegalos xuntamente coas declaracións e comunicacións do imposto cando así se estableza, e a exhibilos ante os órganos competentes da Administración tributaria cando sexan requiridos para o efecto.

 

 

ENTIDADES EN RÉXIME DE ATRIBUCIÓN DE RENDAS

 

As entidades en réxime de atribución de rendas que desenvolvan actividades económicas levarán uns únicos libros obrigatorios correspondentes á actividade realizada, sen prexuízo da atribución de rendementos que corresponda efectuar en relación cos seus socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes.