FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS > RÉXIME DE ESTIMACIÓN OBXECTIVA (EXCEPTO ACTIVIDADES AGRÍCOLAS, GANDEIRAS E FORESTAIS)

ÍNDICES CORRECTORES

 

Nesta epígrafe o programa calcula e aplica, en función dos datos consignados, os índices correctores que procedan segundo as características da actividade desenvolvida.

 

Sobre o rendemento neto minorado aplicaranse, cando corresponda, os índices correctores que se establecen a continuación, obténdose o rendemento neto de módulos.

 

Os índices correctores aplicaranse segundo a orde en que aparecen enumerados, sempre que non resulten incompatibles, sobre o rendemento neto minorado ou, se é o caso, sobre o rectificado por aplicación destes.

 

 

ÍNDICES CORRECTORES ESPECIAIS

 

Os índices correctores especiais só se aplicarán naquelas actividades concretas que se citan a continuación:

 

a.1)      Actividade de comercio polo miúdo de prensa, revistas e libros en quioscos situados na vía pública.

 

a.2)      Actividade de transporte por autotaxis.

 

a.3)      Actividade de transporte urbano colectivo e de viaxeiros por estrada.

 

a.4)      Actividades de transporte de mercadorías por estrada e servizos de mudanzas.

 

a.5)      Actividade de produción de mexillón en batea.

 

 

ÍNDICES CORRECTORES XERAIS

 

Os índices correctores xerais son aplicables a calquera das actividades nas que concorran as circunstancias sinaladas en cada caso.

 

b.1)      Índice corrector para empresas de pequena dimensión

 

b.2)      Índice corrector de temporada.

 

b.3)      Índice corrector de exceso.

 

b.4)      Índice corrector por inicio de novas actividades.

 

 

INCOMPATIBILIDADES ENTRE OS ÍNDICES CORRECTORES

 

En ningún caso será aplicable o índice corrector para empresas de pequena dimensión (b.1) ás actividades para as que están previstos os índices correctores especiais enumerados nas alíneas a.2), a.3), a.4) e a.5).

 

Cando resulte aplicable o índice corrector para empresas de pequena dimensión (b.1), non se aplicará o índice corrector de exceso (b.3).

 

Cando resulte aplicable o índice corrector de temporada (b.2), non se aplicará o índice corrector por inicio de novas actividades (b.4).