ÍNDICE CORRECTOR POR INICIO DE NOVAS ACTIVIDADES
O contribuínte que iniciase novas actividades a partir do 1 de xaneiro de 2013 terá dereito a aplicar os seguintes índices correctores:
Exercicio Índice
Primeiro 0,80
Segundo 0,90
Cando o contribuínte sexa unha persoa con discapacidade, con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, os índices correctores aplicables serán:
Exercicio Índice
Primeiro 0,60
Segundo 0,70
NOVAS ACTIVIDADES
Para a aplicación deste índice corrector, é necesario que concorran as seguintes circunstancias:
1- Que se trate de novas actividades cuxo exercicio se inicie a partir do 1 de xaneiro de 2013.
2- Que non se trate de actividades de temporada.
3- Que non se exercesen anteriormente baixo outra titularidade ou cualificación.
4- Que se realicen en local ou establecemento dedicados exclusivamente á dita actividade, con total separación do resto de actividades empresariais ou profesionais que, se é o caso, puidese realizar o contribuínte.