ÍNDICE CORRECTOR PARA EMPRESAS DE REDUCIDA DIMENSIÓN
Cando se exerza a actividade sen persoal asalariado e, ademais, concorran todas e cada unha das circunstancias seguintes, aplicarase o índice que corresponda, en función da poboación na que se desenvolva a actividade:
1) Titular persoa física.
2) Exercer a actividade nun só local.
3) Non dispoñer de máis dun vehículo afecto á actividade e que este non supere os 1.000 quilogramos de capacidade de carga.
Poboación do municipio Índice
Ata 2.000 habitantes 0,70
De 2.001 ata 5.000 habitantes 0,75
Máis de 5.000 habitantes 0,80
Cando, por exercerse a actividade en varios municipios, exista a posibilidade de aplicar máis dun dos índices anteriores, aplicarase como único índice o correspondente ao municipio de maior poboación.
B) Ata dous traballadores
Cando concorran as circunstancias sinaladas anteriormente e, ademais, se exerza a actividade con persoal asalariado, ata 2 traballadores, aplicarase o índice 0,90, calquera que sexa a poboación do municipio no que se desenvolve a actividade.
Cando sexa aplicable o índice corrector para empresas de reducida dimensión non se aplicará o índice corrector de exceso.