ÍNDICE CORRECTOR DE TEMPORADA

 

Teñen a consideración de actividades de temporada as que habitualmente só se desenvolven durante certos días do ano, continuos ou alternos, sempre que o total non exceda de 180 días por ano.

 

Cando a actividade teña a consideración de actividade de temporada, aplicarase o índice que corresponda en función da duración da temporada.

 

Duración da temporada       Índice

Ata 60 días                              1,50

De 61 a 120 días                     1,35

De 121 a 180 días                   1,25

 

Cando resulte aplicable o índice corrector de temporada, non se aplicará o índice corrector por inicio de novas actividades.