MOBILIZACIÓN DAS PROVISIÓNS DO CONTRATO DE SEGURO (art. 19.2 do regulamento)

 

Entenderase que se produciu algún tipo de mobilización das provisións do contrato de seguro cando se incumpran as limitacións que, en relación co exercicio dos dereitos económicos, establece a disposición adicional primeira do Real decreto lexislativo 1/2002, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de regulación dos plans e fondos de pensións, e a súa normativa de desenvolvemento, con respecto aos seguros colectivos que instrumenten compromisos por pensións das empresas.