O mínimo por discapacidade será a suma do mínimo por discapacidade do contribuínte e do mínimo por discapacidade de ascendentes e descendentes.
Terán a consideración de discapacitados os contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100.
MÍNIMO POR DISCAPACIDADE DO CONTRIBUÍNTE
- Con carácter xeral: 2.316 euros anuais.
- 7.038 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
- En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 2.316 euros anuais cando o contribuínte acredite que necesita axuda de terceiras persoas ou que ten mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
CANTABRIA
Para o cálculo do gravame autonómico de Cantabria aplicaranse os seguintes importes de mínimos por discapacidade do contribuínte:
- 2.400 euros con carácter xeral.
- 7.200 euros cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
- En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 2.400 euros anuais cando o contribuínte acredite que necesita axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade superior ao 65 %.
MÍNIMO POR DISCAPACIDADE DE ASCENDENTES E DESCENDENTES
- Con carácter xeral: 2.316 euros anuais.
- 7.038 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
- En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 2.316 euros anuais cando se acredite que necesita axuda de terceiras persoas ou que ten mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
CANTABRIA
Para o cálculo do gravame autonómico de Cantabria aplicaranse os seguintes importes de mínimos por discapacidade de ascendentes e descendentes:
- 2.400 euros anuais para persoas con discapacidade.
- 7.200 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade superior ao 65 %.
- 2.400 euros anuais en concepto de asistencia.
Normas de aplicación
- Os ascendentes ou descendentes do contribuínte deben xerar o dereito á aplicación do mínimo por ascendentes ou descendentes.
- Non procederá a aplicación do mínimo cando o ascendente ou descendente presente declaración polo imposto con rendas superiores a 1.800 euros.
- Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación do mínimo, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente ou descendente, a aplicación do mínimo corresponderá aos de grao máis próximo, salvo que estes non teñan rendas anuais superiores a 8.000 euros anuais, excluídas as exentas, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.
- As circunstancias que determinen a súa aplicación realizaranse atendendo á situación existente na data da xeración.