FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > ADECUACIÓN DO IMPOSTO ÁS CIRCUNSTANCIAS PERSOAIS E FAMILIARES: MÍNIMO PERSOAL E FAMILIAR

MÍNIMO PERSOAL E FAMILIAR (art. 56 da lei)

 

O mínimo persoal e familiar constitúe a parte da base liquidable que, por destinarse a satisfacer as necesidades básicas persoais e familiares do contribuínte, non se somete a tributación por este imposto.

 

O mínimo persoal e familiar será o resultado de sumar o mínimo do contribuínte e os mínimos por descendentes, ascendentes e discapacidade a que se refiren os artigos 57, 58, 59 e 60 da Lei do imposto, incrementados ou diminuídos para os efectos de cálculo do gravame autonómico nos importes que fosen aprobados pola comunidade autónoma respectiva.