FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > ADECUACIÓN DO IMPOSTO ÁS CIRCUNSTANCIAS PERSOAIS E FAMILIARES: MÍNIMO PERSOAL E FAMILIAR

MÍNIMO DO CONTRIBUÍNTE (art. 57 da lei)

 

Con carácter xeral: 5.151 euros anuais.

 

Contribuíntes de idade superior a 65 anos: 6.069 euros anuais .

 

Contribuíntes de idade superior a 75 anos: 7.191 euros anuais.

 

Tributación conxunta

 

En calquera das modalidades de unidade familiar, o mínimo do contribuínte será de 5.151 euros con independencia do número de membros que a integren.

 

Non obstante, para a cuantificación do incremento por idade teranse en conta as circunstancias persoais de cada un dos cónxuxes integrados na unidade familiar, aumentándose na contía que proceda.

 

Importante: en ningún caso procederá a aplicación do mínimo do contribuínte polos fillos, sen prexuízo da contía que proceda polo mínimo por descendentes e por discapacidade.